Blockchain Door Películas
(versión castellano) "VISIÓNS. CREADORAS DE CINEMA - PONTEVEDRA"
Youtube-dl Powered
DescargarReload Cine mode

depo.es/web/edepo/cinema-e-muller/visions
Este filme titulado “Visións. Creadoras de cinema. Pontevedra.”, ou simplemente “Visións”, forma parte dun proxecto máis amplo, Cinema e Muller, que abrangueu un conxunto de accións que tiveron lugar en Marzo de 2016 e que pretenderon visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia. Co apoio da Deputación de Pontevedra, dende a División de Igualdade, púidose realizar este proxecto que comezou elaborando un mapeo concienciudo de realizadoras da provincia, atopando case 70 creadoras de imaxe; para logo crear unha web na que xuntalas a todas cos seus currículos e biofilmografías. Tamén organizamos nas cidades de Vigo e Pontevedra unha mostra de dezaseis filmes do último decenio de cinema experimental galego, así como organizamos seis charlas con académicas sobre cinema e feminismo. A información dos actos pódese atopar na web que creamos ad hoc para o proxecto:
depo.es/web/edepo/cinema-e-muller
A partir dese mapeo no que localizamos as 70 directoras, escollemos dez cuxo traballo estivera próximo á intersección cinema-arte para apoialas na produción dun filme colaborativo. Son Eva Calvar, Olaia Sendón, Claudia Brenlla, Sonia Méndez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Begoña Santiago, Carme Nogueria, Diana Toucedo, Carla Andrade.
Cuns honorarios de 1.300 euros para cada curta, estas creadoras tiveron un escaso tempo de dous meses para idear e terminar as súas pezas. O certo é que como directoras fixeron tamén de cámaras e montadoras, e esta capacidade de realizaren unha película de principio a fin coas súas propias mans, cun axustado orzamento, marca como unha cicatriz o cinema que practican.
Foi moi gratificante ver como estas creadoras compartiron as unhas coas outras grazas á inmediatez das redes sociais o seu proceso creativo, traballos previos, e dúbidas nas distintas fases da súa produción. Todas se moven nun tipo de cine ou audiovisual que explora as súas posibilidades artísticas dende esa condición de periferia, xeográfica e estética. Todas son francotiradoras que pertencen a un primeiro mundo onde sorprendentemente aínda existe unha marcada desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tamén no audiovisual, como nos din as cifras. Con Visións, dez directoras dialogaron, crearon, sentíronse parte dun proxecto común e tomaron conciencia do que as une, para alumar unha longametraxe chea de beleza e honestidade.
O resultado de todas estas curtas unidas é unha longametraxe formada por dez pezas independentes que unificadas teñen maior forza e interese. Porque xuntas son unha suma representativa do talento creativo dun lugar, e reivindican de forma rotunda un espazo para o “cinema das pequenas nacións”, neste caso a galega, unha periferia que é máis minoritaria se nos referimos ao cinema feito por mulleres.
Un discurso que reflexiona dobremente dende os límites, lonxe da linguaxe do poder, pero cuxa frescura e valor artístico inscríbeno na vangarda contemporánea internacional.
É preciso dicir que foi moi acertado ter na producción á camarada Beli Martinez, productora con experiencia e profesora de cinema, que fixo unha tese de doutoramento centrada no Novo Cinema Galego. Ambas da man emprendimos esta viaxe creativa aprendendo do talento máis próximo.
(Xisela Franco)
Autoras de Visións: Eva Calvar, Olaia Sendón, Claudia Brenlla, Sonia Méndez, Andrea Zapata-Girau, Lara Bacelo, Begoña M Santiago, Carme Nogueira, Diana Toucedo e Carla Andrade.
Comisariado: Xisela Franco
Produción: Beli Martínez
Enlaces info:
crtvg.es/cultural/corte-a-corte/beli-martinez-produtora-de-cinema-e-muller
crtvg.es/cultural/corte-a-corte/xisela-franco-comisaria-de-cinema-e-muller
farodevigo.es/sociedad/2016/03/08/proyecto-cinema-e-muller-visibiliza/1418668.html
farodevigo.es/sociedad/2016/03/13/cara-combativa-cine-gallego/1422024.html
Selección española absoluta de fútbol
España se acerca a la clasificación para la Eurocopa 2024
Un estudio revela la evolución de este híbrido entre cucaracha y mariposa.
Linux un Kernel para GNU
Ver estrenos online
Administrar servicios Linux - Listar - Ver Servicios Activos En Linux - Listar Procesos - Árbol de Procesos
Bukele escribió una serie de tweets el 9 de octubre explicando cómo funciona el fideicomiso y por qué tiene un superávit.
¿Cuál es la diferencia entre Linux y Windows?
Un nuevo video muestra que los reptiles aparentemente pacíficos realmente son de sangre fría
Diviértete con nuestros amigos los Animales.

No hay resultados